Estimada Filipa:
Non sei canto tempo levo aquí metido e moito menos canto
tempo me quedará, so sei que xa son moitas as cartas que che teño escrito e
aínda hoxe non obtiven resposta algunha. Teño o presentimento de que algo non
anda ben, pois comprendería que te negaras a falar comigo despois do que pasou,
mais o silencio absoluto non é propio de ti e négome a pensar que non tes nada
que dicir logo de tantos anos de amor.
Non cho vou negar, Filipa, a vida aquí é moito máis dura
do que xamais te puideses imaxinar, mais estou aquí por un motivo e aínda que
ás veces non hai cousa que máis desexe, non penso morrer ata que o Réxime
remate. So necesito un pouco de ti para poder continuar levando a cabo esta
miña Resistencia.
Contéstame, Filipa, por aqueles que non lograron resistir
e por se eu deixo de facelo...
Quéreche,
Dinís.
_________________________________________

Ningún comentario:
Publicar un comentario