A etapa da ditadura franquista, que abarca os
anos 1936 e 1975, foi unha época de represión linguística, cultural e social
dun pobo, durante a cal o galego foi censurado en todos os ámbitos de uso
públicos, sendo relegado así ao ámbito privado.
Un dos
"tópicos" máis escoitados
sobre esta etapa que viviu o galego é que este foi prohibido sendo restrinxido
tan só para o ámbito familiar, ata o punto de que o castigo por falalo en público chegaba á pena de morte...
Tamén están aqueles que din que a censura durante o franquismo non existiu no
sentido en como se quere dar a entender, é dicir, que non houbo tanta
persecución nin tampouco se deu unha represión idiomática ao carecer dunha lei
que de verdade o prohibira.
Certo é
que durante esa etapa non existiu unha lei en concreto que prohibise o emprego
do idioma, pero o que si se deron foron unha serie de normas que deixaban máis
que claro que o único idioma oficial e de uso púbico era o castelán, para
Administración, o ensino, a xustiza, a Igrexa... Así, ignorábase a existencia
doutro idioma que non fora o imposto, reprimindo o seu uso. No plano Normativo
está, por exemplo, a Dirección Xeral de Prensa que prohibía constantemente a
publicación de revistas ou periódicos que non estiveran escritos en castelán, e
aquel que si publicaba noutro idioma (que non fose o castelán) tiña unicamente
fins políticos (non pola presenza dunha normalidade que permitira a publicación
de escritos distintos ao español). Están tamén as normas do BOE, como, por
exemplo, que todas as películas que se proxectasen debían estar en español
(Orden do 23 de abril de 1941) e, neste sentido, é necesario recordar toda esa
normativa promulgada en concellos e provincias (polos delegados de Orden
Público) que prohibían tamén o uso de "idiomas distintos". É dicir,
fóronse implantando unha serie de normas "inofensivas" que tiñan como
obxectivo implantar o castelán como único idioma do país, por algo se lle
chamaba tal e como dicían nesa etapa, "la lengua del imperio"...
Ademais
disto, está tamén a dura represión que se levou a cabo contra as persoas que
falaban o galego (ou outro idioma que non fose o "imperial") nun
lugar público, ou mesmo nos colexios (onde se ensinaba que o resto dos idiomas
peninsulares eran dialectos do español) Poderíase dicir que se acabou chegando
a un absurdo no que a "ideoloxía idiomática" acabou por poñerse por
enriba da dignidade de tantos galegos, tal é así que ata se chegou a prohibir
ao Instituto de Estudos Galegos que publicasen en galego. Cabe destacar a
situación do galego durante esta etapa ( 36-78), cuxa situación social afectou
considerablemente ao emprego do idioma. A economía española era cada vez máis
pobre e case non había industria polo que moitos galegos víranse obrigados a
emigrar a Hispanoamérica, así como deixar as súas vidas no campo para
trasladarse á cidade, e isto trouxo consigo unha gran perda de galegofalantes.
E non só iso, pois o feito de abandonar o ámbito rural onde se falaba o galego,
levou a que o castelán (o idioma urbano) fose ocupando todos os ámbitos
culturais, e esta castelanización reforzárase aínda mási coas campañas
políticas que iban en contra do galego e o desprestixiaban.
Por
outro lado, é preciso engadir que durante os últimos vinte anos do franquismo,
a pesar de todo, o galego soubo recuperarse (tras o triunfo aliado na Segunda
Guerra Mundial) e exerceu unha gran creación literaria, recollendo incluso
premios ás obras escritas neste idioma. En 1951 fundárase en Vigo a Editorial
Galaxia e a Revista Grial, indispensables para a recuperación do idioma a
partir de entón. Ademais, na década dos sesenta e setenta créanse os partidos
políticos (UPG e PSG) nacionalistas ,
arredor dos cales naceran eses grupos culturais que foron de tanta importanca
para a difusión da lingua e cultura galegas. Cabe tamén destacar que o galego,
antes do franquismo (un idioma moi falado en Galicia), a pesar de ter un moi bo cultivo literario grazas á actividade de
autores da Xeración Nós( coa revista Nós potencian a cultura galega e
buscan universalizala e normalizala) e doutras iniciativas ( Irmandades da
Fala), carecía dunha gramática, unha ortografía e un vocabulario normalizados,
pero é na posguerra cando parece que comeza a avanzar cara unha maior simpleza
formal e cara a búsqueda dunha norma culta (por iso se coñece este período co
nome de protoestándar na historia da normativización da lingua). Isto faise
posible grazas ao Compendio da Gramática Galega (promovido polas Irmandedes) e
ao traballo realizado polo Seminario de Estudos Galegos, que elaboran unha
serie de normas para unificar a lingua
galega. Con isto, nos anos sesenta incluiríase como materia oficial na
Facultade de Filosofía e Letras, Lingua
e Literatura galegas.
En
conclusión, durante a ditadura de Franco é certo que non había penas de cárcere
por falar o galego, pero o problema reside en que se prohíbes o uso
público-oficial dun idioma que é propio, se se prohíbe a ensinanza nese idioma,
se se prohíbe inclusive os nombes e apelidos, o único que se fai é levar a cabo
a represión dunha lingua. Preténdese facelo desaparecer, e se a isto se lle
engade unha política educativa e propagandística en contra do resto dos idiomas
e poñendo como idioma central o español, o que se fai tamén é marxinar
inevitablemente as outras linguas (provocando a súa extinción) Polo tanto, non,
non existiu una norma concreta que prohibise o uso do galego, peor o que si que
se dou foi unha dura persecución linguística que, co paso do tempo, se foi
afianzando cada vez máis na conciencia do pobo. Pero é que niso consistía o
franquismo linguísticamente falando. En palabras textuais de Franco ,
"España se organiza en un amplio concepto totalitario, por medio de
instituciones nacionales que aseguren su totalidad, su unidad y continuidad. El
carácter de cada región será respetado, pero sin perjuicio para la unidad
nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una
sola personalidad, la española" É dicir,
a súa única misión era a de "reeducar", censurar e reprimir, e
castigar todo aquilo que escapase do pensamento do réxime, empregando o español
como a única lingua capaz de unificar a "patria"