12/05/17

Viviu o galego a súa segunda ou terceira idade dourada no primeiro terzo so déculo XX? (por Yaiza Otero)


No primeiro terzo do século XX avanza o proceso de recuperación cultural iniciado no XIX. Nun contexto onde o país era maioritariamente rural e vivía en condicións pésimas nun sistema caciquil, que provoca que a poboación comece unha emigración masiva a América. É unha etapa de reivindicación da lingua galega; nace a RAG, Nós pretende abrir a cultura galega ó mundo, o SEG trata de galeguizar a universidade, o Partido Galeguista elabora o Estatuto de Autonomía… Estes datos poderían anunciar unha segunda ou terceira idade dourada no primeiro terzo do século XX
Máis non é todo positivo para o galego. A diglosia estaba tan asentada que até o mesmo Murguía deu o discurso inaugural da Real Academia Galega en castelán. O galego comeza a perder falantes, o proceso de castelanización continúa ao igual que a difusión de esteorotipos negativos sobre o galego. Persoalmente creo que si que hai unha etapa favorable para o galego pero non se podería comparar co Esplendor Medieval. Isto débese a varios factores.
O galego comeza a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera preseta (narrativa, mitins, ensaio, correspondencia privada…). Nace a RAG. Co Agrarismo a lingua aínda era unha cuestión secundaria mais xa había mitins en galego. As Irmandades da Fala aumentaron os ámbitos do uso literario do galego, promoveron o uso oral en todo tipo de ámbitos (ensino, prensa, actos públicos…), crean editoriais en galego, publican revistas e xornais, impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social, inician a recuperación da toponímia galega (castrapeada dende os Séculos Escuros) e fan as primeiras propostas normativadoras para crear un rexistro culto para o galego. Neste contexto, o grupo Nós trata de cambiar o aspecto localista da cultura galega e achegala ó resto do mundo, máis alá de Galiza, e demostrar a súa validez para o tratamento de todo tipo de asuntos (antropoloxía, xeografía, historia…). Como herdeiros da xeración Nós, o SEG trata de galeguizar a universidade abordando proxectos científicos en galego. É unha etapa de reivindicación da lingua galega. Mais tamén é un período dunha forte castelanización e de difusión de esteorotipos negativos para o galego; sobre todo no ámbito da igrexa e do ensino, no cal o galego non se impartía como materia. O feito de non existir unha materia de lingua galega agravou a situación do galego coa disminución de analfabetismo. Pois o galego non só non se impartía no colexio (só se ensinaba o castelán) senón que ademáis era reprimido no ámbito académico con castigos físicos e burlas.
A ditadura de Primo de Rivera (1923/1930) freou o proceso de normalización. Mais coa chegada da Segunda República española (1931/1936) recuperáronse as liberdades, apostouse polo recoñecemento das linguas galega, vasca e catalana. Naceu o Partigo Galeguista, que reivindicaba a cooficialidade do galego e do castelán, o potenciamento do galego, a introdución do galego no ensino e a obriga de que os funcionarios do Estado coñecesen o galego. Pretendía conseguir a autodeterminación para Galiza e elaborou o Estatuto de Autonomía. Co inicio da Guerra Civil impedíuse a súa posta en práctica. É dicir, iniciouse un proceso de recoñecemento da autonomía de Galiza pero non chegou a levarse á práctica.
Xunto a esta reivindicación lingúística e política xurdeu a necesidade de crear unha lingua estándar, unhas normas ortográficas. As características lingüísticas desta etapa coñécense polos textos dos autores deste momento que, tratando de superar o dialectalismo e o interdialectalismo, poñen en práctica un supradialectalismo que será o antecedente dunha normativa unificadora.Nun intento de afastarse do castelán e de eliminar os castelanismos, rexeitan as formas cultas que se asemellan a este e empregan arcaísmos, formas pseudoevolucionadas, inventadas... Créanse algunhas normas ortográficas polo SEG que fan propostas como a eliminación do i grego (y) e o uso exclusivo do i latino. Comeza un camiño cara a elaboración do estándar.
Este é un período favorable para o galego, pois tivo unha forte reivindicación lingüística e política, máis non o podería considerar unha segunda ou terceira etapa dourada xa que dende o meu punto de vista non se podería comparar co Esplendor Medieval. A pesar de elaborarse un Estatuto de Autonomía, non se puido levar á práctica. Hai unha perda de falantes, un proceso de castelanización e unha difusión de esteorotipos negativos para o galego que non había no Esplendor Medieval. A pesar destes aspectos negativos é unha etapa moi boa para o galego na que protagonizou grandes avances polo que o consideraría unha etapa prateada xunto á dourada do Esplendor Medieval ou do Rexurdimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario