A poesía das Irmandades da Fala e Cabanillas (por Yaiza Otero)
Continúase
coa temática e forma dos autores do
Rexurdimento pero cun deterioramento estético progresivo: costumismo ruralista,
historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica. Na poesía
do primeiro terzo do século XX hai dúas tendencias xerais: a continuísta (Noriega
Varela e Crecente Vega) e a renovadora (Ramón Cabanillas).
Noriega
Varela, autor da liña continuísta, ten toda a súa obra poética recollida nun
único volume, Do ermo. Na súa poesía
segue dúas liñas: o costumismo ruralista e o lirismo da natureza.
O costumismo
ruralista enmárcase dentro da corrente do descritivísimo paisaxista e de
costumes propio da tradición decimonónica: métrica popular, temática rural e
escenas costumistas.
No lirismo
da natureza enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, usa unha expresión máis
culta e refinada. Influenciado polos poetas latinos emprega estrofas cultas,
como o soneto.
Na liña
renovadora a figura a destacar é Ramón Cabanillas. Dentro da poesía cultivou a
poesía lírica e narrativa. Tamén ten unha obra de teatro. A súa poesía lírica
ten tres liñas temáticas: a costumista, a intimista e a cívica. A súa poesía
narrativa trata a temática mítica, do celtismo e da reivindicación nacional.
Tanto a súa vida como a súa obra se divide en tres etapas.
A primeira
etapa, a agrarista, é unha etapa de formación. Estuda no Seminario de
Compostela e traballa na notaría e no concello de Cambados. Está influenciado
polos poetas clásicos (Horacio e Ovidio) na súa poesía narrativa. Hai un
influxo da tradición folclórica galega na poesía lírica (uso de
hipergaleguismos e de castelanismos, uso de versos de arte menor, temática
amorosa, paisaxística, intimista, folclórica e de denuncia social…). Tamén hai
un influxo dos poetas do Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros e Pondal) e do
Romanticismo europeo e do simbolismo. Incorpora novidades métricas e
estilísticas do Modernismo hispano. Nesta primeira etapa escribe dúas obras: No desterro (poesía lírica, publicado en
1913, prolongado por Basilio Álvarez e Vento
mareiro (publicada en 1915). É o poeta revolucionario do agrarismo.
A súa
segunda etapa, a galeguista, poderíase dividir en dúas partes tamén.
Na primeira, asume o discurso político das
Irmandades da Fala, ingresa na RAG e convértese na voz do poeta civil que loita
polos intereses de Galiza. É un poeta didáctico do galeguismo das Irmandades da
Fala. Escribe dúas obras: Da terra
asoballada (poesía lírica, temática centrada no ideario galeguista, xa non
todos os fidalgos son “malos” algún é “amante da súa terra” e Galicia substitúe
ao labrego na calidade de “oprimida” e como suxeito de abusos e inxustizas) e A man da santiña (obra de teatro baixo o
influxo do autor dramático inglés Yeats).
Na segunda parte desta etapa galeguista, a
mitolóxica, convértese no poeta conceptista e maduro do Galeguismo
Culturalista. Escribe O bendito San Amaro
(con debuxos de Castelao), O Mariscal
(obra de teatro na que o protagonista é convertido en mártir das liberdades
galegas pola súa resistencia á opresión de Isabel a Católica), A rosa de cen follas (homenaxe a
Rosalía) e Na noite estrelecida.
Este
último é un dos mellores poemas narrativos da literatura galega. É un longo
poema narrativo dividido en tres partes (sagas): a espada de Escalibur, o
cabaleiro do Sant Grial e o soño do rei Artur. É poesía narrativa. Utiliza unha
lingua poética moi elaborada na que desaparecen os castelanismos (aínda que
mantén hipergaleguismos) e usa arcaísmos e neoloxismos. Hai un gran influxo das
lendas artúricas (temática da Materia de Bretaña). Introduce elementos de inspiración
modernista. É unha obra dunha grande elaboración formal, estilo culto, métrica
coidada, onde se combinan os versos alexandrinos cos octosílabos.
Na
terceira etapa, a franquista, nun primeiro momento afástase de toda a
actividade política e cultural. É a etapa de posguerra e ditadura. Logo pasa a
ser un poeta do franquismo respectuoso coa lingua e a cultura galega. Escribe
dous romances en revistas antifascistas, Camiños
no tempo, Antífona da Cantiga, Da miña zanfona, Versos de alleas terras e Samos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario