Mensaxes
Tínguense
de vermello
Tras
pechar a xanela
comeza
un
novo convite
Non
se sabe o tempo que pasou
Para
verse xa a música
e
escoitarse as cores
Mais
dando conversa
ó final termínase no doce
Cunha
voz de fondo
non
se sabe o que canta ou farfulla
vai
unha calor de volcáns
Porén a espera non mata
Un
último escintileo
e desaparece baixo a suave
terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario