Achégase o Nadal e os nenos e nenas de Galiza
esperan emocionados a chegada de Papá Noel e/ou dos Reis Magos, esquecendo que
o que os seus devanceiros esperaban era a baixada do Apalpador do monte. É unha
mágoa que se borre a figura de tan mítico personaxe da historia do noso pobo,
polo que non ven de máis facelo nacer de novo, aínda que só sexa en papel e non
na imaxinación chea de ilusión dos rapaces e rapazas galegos.
O Apalpador baixaba a noite do vinte e catro ou do trinta e un de
decembro para visitar ós cativos da zona, ós que lles tocaba o ventre para
comprobar se comeran ben durante todo o ano, deixándolles logo unha presada de
castañas e desexándolles que tiveran un ano novo cheo de felicidade e fartura,
murmurándolles “así esteas todo o ano”.
Consérvanse cantigas que os pais e nais
cantaban ós seus fillos e fillas o día antes da chegada deste personaxe
tradicional, tales como a seguinte, que foi interpretada na actualidade polo grupo Malvela.
Vai-te
logo meu ninim/nininha,
marcha
agora pra caminha.
Que
vai vir o Apalpador
a palpar-che a barriguinha.
a palpar-che a barriguinha.
·············
Já
chegou o dia grande,
dia
do nosso Senhor.
Já
chegou o dia grande,
E
virá o Apalpador.
·············
Manhã
é dia de cachela,
que
haverá gram nevarada
e
há vir o Apalpador
c´uma
mega de castanhas.
·············
·············
Por
aquela cemba,
já
vem relumbrando
o senhor Apalpador
o senhor Apalpador
para
dar-vos o aguinaldo
Por unha vez, aínda que sexa só nun recunchiño do noso
corazón, situemos o Apalpador por riba das figuras capitalistas foráneas que no
seu día se impuxeron, cambiando unha lonxeva tradición por unha fonte de
consumo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario