Manuel Antonio e a poesía vangardista (por Yaiza Otero)
A inicios do século XX nacen as vangardas.
Nun contexto onde aparece en escena un
cambio de visión e concepción da realidade con figuras como Einstein, Nietzsche
e Freud. É a época da Belle Epoque burguesa.
Os obxectivos das vangardas eran rebelarse
contra todo o convencional, rexeitar todo o anterior (épocas pasadas) e
establecer unha nove orde.
O termo do Vangardismo nace de “Avant garde”,
que nun principio era un termo militar pero que coa chegada do vangardismo pasa
a describir ós que van á cabeza nos postulados estéticos.
As vangardas europeas, rexidas polo
cosmopolitismo, a literatura políglota e a deshumanización da arte, son
diferentes que as galegas. Nas europeas as correntes estéticas son os imos
(cubismo, futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo e ultraísmo). Os cales
se suceden os un aos outros e se mesturan na obra dun mesmo artista. Os seus
postulados estéticos recóllense nos manifestos. Os provocadores rompen con calquera
estética anterior e foxen das normas e das regras. Os modernos proclaman a
liberdade creativa.
As vangardas galegas, polca contra, divídense
en vangarda matizada (enxebre) e vangarda plena. Nestes momentos nacen as
Irmandades da Fala, a Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
Transfórmase o panorama literario galego e búscase unha universalización da
cultura galega. Hai importantes achegas da cultura europea por parte de Vicente
Risco e foméntase o enxebrismo. Publícanse varias revistas: A Nosa Terra
(voceiro das Irmandades da Fala), Nós (voceiro da Xeración Nós) e varias
publicacións vangardistas como Alfar, Ronsel, Yunque e Resol, Cristal e Papel
de cor e Galiza. Tres grupos de mozos introducen as vangardas nas súas
creacións e publicacións: os Novecentistas (nacidos arredor de 1900), a
Xeración do 25 (formados arredor de 1925) e a Xeración das Vangardas ou do 22
(en 1922, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro publican o Manifesto Máis Alá).
Existe un debate entre a existencia ou non
dunha verdadeira vangarda galega máis alá de Manuel Antonio. Isto débese a que
a principios do século XX aínda se estaba consolidando o Rexurdimento e non se
podía romper cos alicerces da nosa cultura. Precisábase o vencello coa
tradición para reivindicala. Créanse así dúas tendencias: a vangarda matizada
ou enxebre (hilozoísmo e neotrobadorismo) e a vangarda plena.
Dentro da vangarda matizada está o
hilozoísmo, o cal se baseaba no Paisaxismo ou Imaxinismo. O tema principal era
a paisaxe galega, a terra, na procura da identidade nacional. Segue a liña de
Rosalía de Castro, Noriega Varela e Ramón Cabanillas. O seu autor principal é
Amado Carballo, moi valorado en vida. Escribiu dous libros de poesía: Proel (escrito en 1927, con métrica
tradicional, arte menor, rima asonante, sinestesias, metáforas, prosopopeas e
describindo instantes concretos) e O galo
(1928).
A outra rama da vangarda matizada é o
Neotrobadorismo. É unha descoberta dos cancioneiros medievais. Imítanse as
estruturas das cantigas medievais: rima, métrica, forma, temática e léxico. E a
isto engádense imaxes vangardistas. Unha das figuras máis importantes é Bouza
Rey, co-fundador do Seminario de Estudos Galegos. Publica na revista Nós o
poema Leilías ao teu ouvido en 1926.
Dous libros de poesía: Nao senlleira
(publicado en 1933, o tema é a paisaxe, o mar,a soidade e o amor, contén 13
poemas e unha Autopoética e ten verso libre pero tamén métrica regular e rima
consoante) e Seitura (1955). Álvaro
Cunqueiro é outra das figuras destacar. Narrador, dramaturgo xornalista e
poeta. Escribe Mar ao Norde (1932)
dentro do Cubismo, Poemas do si e do non
dentro do Surrealismo e Cantiga nova que
se chama ribeira e Dona do corpo
delgado dentro do Neotrobadorismo.
Xunto coa vangarda matizada está a vangarda
plena con Manuel Antonio. Foi o poeta máis iconoclasta da Literatura Galega,
innovador e avanzado, nacionalista e radical, monolingüe en galego. Supón a
completa modernización desta literatura. Individualista e inconformista, abraza
as Irmandades da Fala pero considérase fóra porque lle resulta “estreita de
máis para a cantidade e intensidade de nacionalismo que sinte”.
Cultiva o xénero da prosa e da poesía. En
prosa escribe Máis Alá! (manifesto
con Álvaro Cunqueiro) no que chama á mocidade, critica a Valle Inclán e todos os
seus imitadores que só usan o castelán (“pollitos bien”), critica o pasado (os
devanceiros) e o presente (os “vellos”, contemporáneos que seguen modelos
decimonónicos). Neste mesmo xénero tamén escribe Un poema da nosa terra, Fatiguémonos
e Prólogo dun libro de poemas que ninguén
escribiu (no que se declara vangardista).
En poesía experimenta unha evolución na que
pasa dun inicio experimental pero debedor da tradición cara o canon rupturista
das vangardas. Aínda que a última obra suporá unha regresión á tradición.
Escribe cinco obras. Con anacos do meu
interior, 18 poemas de feitura tradicional cun influxo modernista que
engaden a tipografía vangardista. Foulas,
nunha transición do tradicionalismo cara o rupturismo vangardista, con
caligramas, vocábulos en inglés e alemán e termos técnicos e científicos. Sempre e máis dispois, aínda nun período
de transición, que trata o contraposto da vida na aldea (tradición e rima) e a
vida urbana en Bois Aires (imaxes vangardistas). De catro a catro, xa na vangarda plena, único poemario publicado en
vida, con rasgos vangardistas (do futurismo, creacionismo e individualidade e
orixinalidade). O subtítulo é “Follas sen data dun diario abordo”. 19 poemas
escritos nunha viaxe de Manuel Antonio no paquebote Constantino Candeira. O seu
título indica a hora de comezo e remate da quenda, é dicir, rutina e monotonía.
Ten multitude de símbolos: a viaxe marítima (viaxe interior), o barco (eu
lírico), a proa e a foula (a aventura e o futuro), a navegación (a vida), os
elementos naturais (reflexo do estado de ánimo do eu poético ante o inexiorable
paso do tempo e a singradura reiterativa), a auga (emotividade), etc. As súas
características formais son: a disposición tipográfica, a ausencia de rima, de
ritmo e de lóxica gramatical, uso de metáforas inusuais e a ausencia do espazo
e do tempo. Ten unha estrutura circular: saída, navegación, paradas e regreso á
terra.
E por último escribe Viladomar, unha regresión ó tradicionalismo con poemas de
versificación regular e tratando os temas da nostalxia, a infinitude, o
naufraxio da vida, a morte…
En conclusión, as vangardas galegas non
seguen o camiño das europeas. É a vangarda enxebre, que ó contrario que as
europeas non rompe co pasado. Mais Manuel Antonio non segue a vangarda enxebre,
senón a vangarda plena, que si rompe co pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario