Na
actualidade o debate existente entre as ciencias e as letras atópase
no seu máximo esplendor debido a implantación da nova lei
educativa, a LOMCE, que impide que estos novos camiños se volvan a
entrelazar e crea unha fenda insalvable.
Vivimos
nun mundo capitalista, marcado polo consumismo, onde cada día é
mais demandado o móbil de última xeración antes que un bo libro ou
película, un lugar onde a arte está infravalorada. A sociedade
actual está marcada polos prexuízos fundados por autómatas,
persoas que se limitan a repetir o último que dixo o político mais
populista.
Debido
ao marco cultural, social e histórico que vivimos, as nosas mentes,
as dos estudantes guíanse por tres máximas: '' os de letras non
saben sumar''; '' Nós, os de ciencias, non temos por que estudar
literatura, iso para os de letras''; '' se non dás, para mixtas''.
Como resultado destes prexuízos, unha persoa que saca boas notas
automaticamente pasa ao itinerario de ciencias, cando a súa paixón
pode ser latín, grego ou a economía. Esta mentalidade retrógrada,
que busca a separación das dúas ramas, prexudica a sociedade.
Cada
vez mais nenos e menos maduros vémonos na obriga de tomar decisións
transcendentais que afectaran ao noso futuro, cada resposta outorgada
péchanos centos de portas. Na actualidade atopámonos ante o
panorama no cal un cativo de trece/catorce anos teña que respostar a
unha difícil pregunta que afectará ao seu futuro.
Filosofía,
historia da arte... materias vetadas aos de ciencias.
Matemáticas, bioloxía... asignaturas vetadas para os de letras. Que
gañamos abrindo tales brechas? Unicamente xovenes confusos, que
tentan buscar unha saída óptima, canto menos, para o seu futuro.
As
letras están infravaloradas. A arte, a historia, a música, a
poesía, xa non importan en tempo de crise. Só se pensa no diñeiro.
Asemella que ninguén ten en conta a útilidade do arte, a utilidade
do inutil, aquilo que nos malos momentos nos distrae, nos fai botar
un sorriso. Isto é o que fai as letras, fainos humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario