Dende
o comezo dos séculos as artes xogaron e xogan un papel moi
importante no desenvolvemento do carácter e mesmo do espírito
humano. Elas son as que levan ó home a un estado fóra da realidade
e deixan que este se sinta e exprese coma o que é, é dicir, coma un
verdadeiro ser humano. A pureza que pode conter unha creación
artística ou literaria, xurdida do máis íntimo da alma dun artista
é o que permite que sexamos alguén na vida pois a través dela
descubrimos a nosa identidade e forxamos un entusiasmo que nos fai
vivir. Pero a sociedade empéñase en mostrar como única moeda de
cambio o diñeiro, aquel que contamina o saber por puro interese, a
pesar de que nin todos os cartos do mundo poderían equipararse co
valor e riqueza que posúen todas as artes porque elas enriquécenos
como persoas indo máis alá e deixando de lado o
material.
Toda arte en si supón a
maior inutilidade da que podemos dispoñer, pois se un cadro fose útil
deixaría de ser arte. No noso día a día estamos rodeados por
aquilo que debería ser útil, é dicir, que leve consigo unha
finalidade que nos sirva de algo, como ir ao supermecado, ir á
Universidade, estudar para aprobar un exame e non para aprender. Pero
por iso a arte é arte, é dicir, só ela é capaz de ofrecernos esa
evasión do mundo cotián para meternos de cheo nun mundo imaxinario. Ao mesmo tempo, sérvenos tamén para analizar máis afondo a
realidade na que vivimos, pois existen múltiples persepectivas e
formas de mirar o mundo real e a través da pintura ou dun libro
podemos entendelo mellor e ser un pouco más conscientes da realidade
na que vivimos.
Aparentemente,
sentir, emocionarse e sorprenderse cunha imaxe ou cunha palabra non
nos serve de nada, pero o certo é que sen eses sentimentos sería
imposible vivir. Ese algo que cada un de nós gardamos no noso
interior, ao que a gran maioría lle chamamos alma, é a responsable
de volver útil o inútil polo simple feito de espertar en nós o
humano que todos levamos dentro. Aquilo que, por moi diferentes que
sexamos uns de outros, sempre fai que nos conectemos inconscientemente
a través de, por exemplo, unha canción.
A
estas alturas habería que facerse a pregunta: que é o útil e que é
o inútil? Quen ou que establece a diferenza entre un e outro? Non é
certo que o que para un lle pode resultar inútil, para outro lle
pode ser de moita utilidade? Buscar unha resposta segura sería
prácticamente imposible, pois nin sequera sabemos o motivo da nosa
existencia e que é iso que nos leva a sentir en circunstancias
determinadas, pero o certo é que tanto o útil coma o inútil
necesitan un do outro para poder crear algo. É dicir, un truco de
maxia sen o seu mago perdería todo o seu sentido.
Por
desgraza, hoxe en día, e cada vez máis, o diñeiro fai que
olvidemos todo iso chegando incluso a enganarnos sobre aquilo que en
verdade nos enriquece. Xa non se mira un cadro polo que este reflexa,
senón que se mira o seu valor económico, o cal inflúe notablemente
na nosa perspectiva cara a obra, ata a nosa forma de sentirnos. De
verdade empeoramos tanto? De verdade lle estamos poñendo prezo ao
saber? O certo é que si. O coñecemento en si xa non importa tanto.
O único que importa son os beneficios que poida traer consigo unha
obra litearia ou de arte. En xeral, só se mira por aquilo que máis
diñeiro poida producir e non por iso que máis faga sentir ou
aprender algo máis sobre a vida. Canto menos cultura teñamos, por
moito diñeiro que posuamos, seremos uns pobres escravos dunha
sociedade cada vez máis corrompida.
En
definitiva, o que hai que facer é desnamorarse dos billetes para
namorarse dunha riqueza moito maior que son as artes. Ese remuíño
de amor e de música que tanto conmoven os nosos sentidos. Aqueles
golpes que só unha boa frase ou o desgarro das cordas dun violín é
capaz de sacudirnos deixándonos case sen aire. Todo iso é arte pura
e sen ela non existiría o ser humano. Só seríamos androides de
carne e óso vagando polo mundo coma zombis e movidos por unhas ordes
e instintos buscando continuamente cubrir esa nacesidade de posuír o
maior diñeiro posible.
Pablo
Picasso dicía: “Un pintor é un home que pinta o que vende. Un
artista, en cambio, é un home que vende o que pinta” Aí é onde
reside a verdadeira diferenza entre facer arte de verdade e facer
arte tan só por diñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario