Non somos plenamente conscientes do mundo
no que vivimos. Somos como peixes nadando nun mar sen saber que é a auga.
En parte, isto é culpa dos medios
informativos, os cales, según o seu propio nome indica, teñen a función de
informar. Mais non sempre do xeito acertado. Non contan toda a verdade, senón
unha parte, a que lle interese para darlle á noticia a perspectiva que queiran.
Por iso hoxe en día é necesario mirar en distintas fontes de información pois a
mesma nova cóntase dende tantas perspectivas que até parecen noticias
distintas. E non só iso, senón que ás veces só aparecen no momento no que lles
convén. Pouco antes das pasadas eleccións xerais, todas as cadeas falaban do
mesmo: Venezuela. Pero ó rematar as eleccións Venezuela non volveu sair, como
se xa todo estivese arranxado alá. Agora xa non lles interesa, xa non lles fai
falta falar dela. Outro exemplo é Islandia, que dende que acabou cos casos de
corrupción e os políticos corruptos foron ao cárcere desapareceu dos medios
informativos, ninguén sabe o que acontece alá. E coma estes, moitos máis
exemplos.
A manipulación da información por parte
dos medios é evidente e os rianxeiros comprobámolo recentemente cando
retrataron a Rianxo, un pobo tranquilo onde non acontece nada fóra do común ou
interesante, como un lugar idílico para narcotraficantes e terrorífico para
turistas. Mais aínda non se viu á cadea en cuestión pedir perdón e rectificar
tras as denuncias dos concellos do Barbanza.
Encender o telediario e ver todos os días
casos de corrupción tamén leva á xente ó desinterese por informarse. Pois
sempre é o mesmo: político rouba ós españois, non vai ao cárcere e ninguén fai
nada.
Vivimos nun mundo de eufemismos. Onde os
xoves non marchan do país a buscar traballo porque aquí non o hai, senón que
marchan de “saída cultural”. Onde,
como dicía zapatero “non estamos nunha crise
económica, temos alguna dificultade que nos ven de fóra”. Isto parece 1984 de George Orwell, por servirse de
eufemismos xa pensan que está todo solucionado.
Mais somos nós quen buscamos esta
situación. Votamos sen informarnos, a cegas. Xa sexa por sobrecarga de
información nos programas dos partidos ou por puro desinterese e consciencia de
que o que ven escrito neses programas non se vai cumprir.
En definitiva, non queremos darnos conta
do mundo no que vivimos. Non queremos darnos conta de que as atrocidades que
consideramos propias de países cunha mentalidade supostamente atrasada se
cometen no noso país e con frecuencia. Non nos gusta ser conscientes de que en
verdade non somos libres.
Criticamos culturas onde obrigan ás
mulleres a poner un burka. Mais en España non hai igualdade de xéneros. A
muller española cobra menos que un home. Educamos ás mulleres para evitar una violación
en lugar de educar ós homes para non cometela. Pero decir isto deixa un mal
sabor de boca, preferimos estar desinformados.
É máis fácil ver e criticar os problemas
doutro que autocriticarse.
En Polonia, os conservadores querían a
prohibición absoluta do aborto, incluíndo casos de violacións. As mulleres
polacas saíron á rúa a defender os seus dereitos e gañaron.
En España o Corte Inglés retirou unha
campaña onde se normalizaban as familias con país homosexuais por 21000 firmas
de conservadores. Gañou a minoría e seguimos pensando que os tempos cambiaron e
a sociedade avanzou.
Somos pois, peixes que se negan a ver o
que en verdade é a auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario