07/10/16

A utilidade do inútil (por Tania Pose)

Hai milleiros de anos, a curiosidade e a procura da sabedoría pola sabedoría mesma, crea ó primeiro filósofo (do grego φιλο-σοφóς), aquel que ama o saber. Nace pois, a nai de todos os saberes: A filosofía.
Resulta case incríbel que a nova lei de educación (LOMCE) intente suprimir este amor polo pensamento, que permaneceu connosco ó longo dos séculos, a pesar das adversidades, e do cal nacen o resto de materias. É esta unha lei que separa finalmente as Humanidades (Letras) e as Ciencias, como se xa non estivese aberto antes o famoso debate de cal é a mellor rama e cal a peor entre os individuos pertencentes a ambos estudos. O motivo desta separación (e digo separación porque nos seus comezos estaban unidas) ten moito que ver co que hoxe en día se considera útil e co que non, e nunha sociedade capitalista o que importa é o diñeiro e o resto é secundario, polo que a educación pasa a centrarse en crear meros produtores (ós que eu lle chamaría máquinas, posto que a finalidade destas tamén é só a de producir) e non persoas reflexivas.
is, dos que len. Pode ser algo tan importante como o é a iniciación dun gran, bo e necesario xiro na sociedade, nas nosas vidas, e iso non trata de entreter a ninguén, ó contrario, trata de facer que a xente se poña en pé e actúe e iso sáese da comodidade, cousa que nos aportaría ese suposto entretemento. Así pois, todos precisamos dela, xa que todos deberiamos de seguir o camiño que queremos e non o que nos impoñen. A literatura pasa así a ser un entretemento para aqueles ós que supostamente non se lles dan ben as matemáticas. Esta arte serve para máis que para pasar un bo rato e non, non é exclusiva das persoas que se adican a ella; serve para evadirse do mundo que nos rodea e saber estar nunha pel que non é a nosa, serve para descubrir lugares nos que nunca estivemos e nos que ó mellor nunca estaremos, serve para coñecer o noso pasado e non cometer os mesmos erros no presente, (…) serve para denunciar aquilo co que non estamos de acordo, aquilo que queremos cambiar pero para o que precisamos a axuda dos dema
Da mesma maneira, non podemos vivir sen ciencia, posto que co paso do tempo aportounos moitas melloras na nosa calidade de vida, e a día de hoxe segue avanzando a pasos vertixinosos. Un claro exemplo disto é que fai anos un podía morrer de gripe, cousa que en pleno século XXI parece un conto, e quizais algún día poderemos dicirlle adeus a enfermidades coma o cancro ou a sida, pero non sen o incesábel traballo d@s científic@s.
Así pois, todos podemos elixir o que queremos estudar, pero o que non podemos facer é prescindir das letras se estudamos ciencias, senón non existiría a materia de expresión oral e escrita e procura de información nun dobre grao de enxeñería en tecnoloxías da telecomunicación e enxeñería aeroespacial en aeronavegación; ou prescindir das ciencias se estudamos letras, pola existencia, por exemplo, da carreira de ciencias da linguaxe e estudos literarios, cuxo nome é antitético para algúns, ou xa que logo pola definición de literatura no dicionario da RAG: Ciencia que estuda esta arte e as súas producións.
Para rematar, e como boa estudante de letras, boto man do latín. Etimoloxicamente, ciencia (scientia) significaba “saber”, e literatura (littera) quería dicir “letra”, isto é, todo o que está escrito, que é prácticamente todo o que sabemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario