11/03/17

Distopía? (por María Fernández Insua)



"O concepto do quecemento global foi creado por e para os chineses, para volver á industria manufactureira estadounidense non competitiva"  é un dos polémicos comentarios que Donald Trump publicou sobre o cambio climático creando así unha gran polémica.
 A través delas, búrlase de forma reiterada do cambio climático, desprezando desta forma á comunidade internacional e incluso insultando a aqueles que, xunto con Obama, foron capaces de chegar a un acordo no que a protección do clima é (ou era) unha das prioridades a resolver.
 Primeiramente o cambio climático nestes últimos anos comezou a manifestar os seus terribles efectos na Terra cada vez de forma máis preocupante a raíz da causa da nosa forma de tratar o mundo que nos dá a vida. Cada vez hai máis plásticos no mar que peixes, unha gran cantidade de seres mariños que morren cada día por tragar plástico crendo que era alimento ou intoxicados polas substancias petroleiras que se arroxan ás mareas. Agora teremos que ir cambiando o calendario das estacións pois en inverno o sol é cada vez máis protagonista, e cada vez son máis graves os cambios de temperatura que se dan dun día para outro. En China, Madrid... o único aire que respiran é o fume negro que expulsan dos seus coches e fábricas, sendo envoltos por unha masa gris e terriblememte mortal. Todo iso provocado pola contaminante industrialización que cada día vai ocupando máis espazo no planeta ata o punto de que o verde das árbores acabará sendo substituído polo gris das fábricas e do CO2 que expulsan cada segundo polas súas bocas do inferno. E non só afecta ao medio ambiente (que xa é bastante) senón que tamén acabará por afectar á economía, aínda que hoxe pareza todo o contrario. De feito, hai unhas semanas, Nicholas Stern publicou no seu  Economics  of climate que o impacto económico do cambio é moito máis grave do que anteriormente se considerou, e que só dispoñemos de dez anos para darnos a oportunidade de cambiar a tendencia de forma efectiva...

 Outro dos grandes causantes deste problema é sen dúbida a ignorancia que a través do engano e a falsidade de axentes sociais ,coma Trump, impoñen nunha sociedade alienada e metida dentro dunha burbulla aparentemente democrática e segura. Pero cal é o obxectivo de aqueles/as, coma o novo presidente estadounidense, con todo isto? Pois un gran capitalista como o é dita personalidade é converter o diñeiro na única relixión  de todos e cada un dos seus súbditos e desviar a súa (nosa) mirada única e exclusivamente naquel demochamado dólar. ¿Que pasaría entón, se todos decidéramos colaborar co coidado do medio ambiente? Suporía unha perda de millóns de euros para as industrias petroleiras, de enerxía nuclear... Pois comezaríamos a empregar enerxía solar, olvidaríamosnos do valor do petróleo para empregar outras fontes de produción sen danar ó medio ambiente, pero, iso sí, cunha caída de prezos considerable... E ese é o gran problema. Prima máis a satisfacción que produce o diñeiro para os corazóns capitalistas, que o benestar da Terra, a nosa casa, e por conseguinte, a nosa propia vida.

 En conclusión, é evidente que se queremos comezar a cambiar a nosa forma de actuar sobre o planeta temos que facelo desde xa. Cada día, cada minuto, cada segundo contan. A duración do noso globo azul iniciou xa a súa conta atrás e está nas nosas mans o poder de frear ese reloxo asegurando así a nosa existencia. Par iso sería necesario un cambio de conciencia radical non dunha sociedade ( que suporía xa un gran esforzo) senón do mundo enteiro. Un mundo que, ao parecer, ás persoas que habitan nel lles interesa máis cantos quilómetros é capaz de alcanzar o seu todoterreo que a súa propia existencia. Con todo, Donald Trump sería un dos grandes exemplos dos límites aos que o ser humano puido chegar a decaer tanto ainda que paradóxicamente todos creamos que estamos crecendo porque cada día hai máis avances. Non. O único que estamos facendo é destruírnos pouco a pouco .Pero chegará un día (pouco falta para iso) de non retorno e para entón será demasiado tarde para arrepentirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario