04/03/17

Sete vidas (por Carla Noya)



Sete vidas,
e eu sigo abatida,
esperando contida,
a que ti te decidas.

Sete vidas,
con mil contrapartidas,
sen ser eu a consentida,
pasando desapercibida.

Sete vidas,
nas cales nunca me din por advertida,
e sempre acabei ferida,
quedando coma unha completa descoñecida.

Sete vidas.
Sete caídas.
Sete guaridas,
e eu sigo aquí. Incomprendida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario